Inicio Galicia As cinco denominacións de orixe de viño galegas incrementaron as súas vendas...

As cinco denominacións de orixe de viño galegas incrementaron as súas vendas un 7,5% na última campaña

0

Este aumento sitúase tres puntos por riba da media española de crecemento, que foi do 4,4%

As cinco denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras) comercializaron na campaña 2016-2017 un 7,5% máis de viño cualificado que na anterior de 2015-2016. Así se desprende dun informe elaborado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) sobre as vendas das diferentes DO españolas e que reflicte, tamén, que esta porcentaxe está tres puntos por riba da media española de crecemento, que se situou no 4,4%.

En total, as denominacións galegas comercializaron no último exercicio 428.094 hectolitros, fronte aos 398.005 da campaña 15/16. A maior parte deste viño (un 81,83%) tivo como destino o mercado español, mentres que no exterior situouse o 18,17% restante. Por tipo de viño, o branco acada o 84,39% do total comercializado polas DO da nosa comunidade no referido período 16/17, mentres que o tinto representa tan só o 15,41%. O 0,2% restante corresponde a viño espumoso de Rías Baixas vendido exclusivamente no mercado interior.

Leer más:  El PPdeG solicita a Ana Pontón que tenga "menos interés en destacar" y "más dedicación a trabajar con resultados" respecto a la AP-9

A DO galega máis exportadora foi Rías Baixas, acadando unha porcentaxe de vendas no exterior do 26% sobre o total de viño comercializado. A continuación situouse a de Monterrei, co 13% do seu volume vendido fóra de España. Ribeiro e Valdeorras comercializaron no exterior o 9% do seu viño e, por último, Ribeira Sacra vendeu fóra o 4% do seu produto certificado.

Conxunto de EspañaNo conxunto de España acadouse na última campaña unha cifra de viño comercializado de 12,4 millóns de hectolitros, sumando os datos das 90 denominacións de orixe vitivinícolas existentes no noso país. Isto significa que o viño comercializado polas cinco DO galegas representa o 3,45% do total nacional con esta cualificación.

No ámbito nacional a denominación de orixe Rioja sitúase como líder, con diferencia, cun 22,9% do total de viño comercializado. Séguenlle Cava, cun 15,2%, La Mancha (6,5%), Rueda (5,9%) e Ribera del Duero (5,8%). Rías Baixas, que ocupa o primeiro lugar das cinco DO galegas neste ránking, sitúase no posto número doce na listaxe española, co 1,94% do total de viño comercializado.

Leer más:  Juan Carlos I se marcha de Sanxenxo después de estar cinco días con amigos y familiares, realizando solo dos días de navegación

- Te recomendamos -