Inicio Galicia Xunta, Fegamp e deputacións avanzan na definición do novo modelo para os...

Xunta, Fegamp e deputacións avanzan na definición do novo modelo para os Grupos de Emerxencia Supramunicipais

0

A comisión de seguimento celebrada hoxe acordou que se celebrarán reunións entre a Fegamp, as deputacións e os concellos con GES para que elaboren unha proposta de financiamento e delimitación de funcións destes equipos

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participaron hoxe na comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES). O encontro tivo como obxectivo seguir avanzando na definición do novo modelo que se comezará a aplicar o próximo ano, tras a finalización este mes de decembro do convenio vixente.

A Comisión está constituída por representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), das catro deputacións provinciais e da Xunta. No encontro, acordaron que se celebrarán reunións entre a Fegamp, as deputacións e os concellos con GES para facer unha proposta de financiamento e delimitación de funcións destes equipos e propoñela posteriormente á Comisión para a súa aprobación definitiva.

Tal e como xa avanzara a Xunta, ante a finalización do convenio vixente este ano e de cara ao establecemento do novo en 2019, un dos obxectivos fixados é redefinir as funcións e medios destes grupos para conseguir unha atención máis efectiva ás emerxencias, sen esquecer o seu labor de prevención.

Leer más:  La niebla dificulta el tráfico en la A-8 entre Arroxo y O Someiro, en Lugo

Ademais, tamén se busca traballar para conseguir un financiamento menos condicionado dos GES, para que non dependan tanto de fondos conxunturais e finalistas que os obriguen a determinadas tarefas. Neste sentido, cómpre destacar que a Xunta este ano xa realizou un importante esforzo por mellorar o seu financiamento grazas á dotación dun millón de euros con fondo propio para o exercicio 2018.


- Te recomendamos -