Inicio Galicia Xunta e Goberno central coordinan os dispositivos para garantir a vialidade invernal...

Xunta e Goberno central coordinan os dispositivos para garantir a vialidade invernal nas estradas das provincia de Ourense

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou na reunión da comisión para a seguridade viaria en situacións metereolóxicas extremas presidida polo subdelegado do Goberno


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou xunto co subdelegado do Goberno na provincia, Emilio González Afonso, na reunión da Comisión de Coordinación Provincial para a seguridade viaria en situacións metereolóxicas extremas. O obxectivo desta xuntanza, que se celebra cada ano por estas datas, é coordinar medios e actuacións que garantan a seguridade vial dos condutores na época invernal de climatoloxía adversa. Na xuntanza tamén participaron representantes da Deputación provincial, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Agrupación de Tráfico, Estradas do Estado en Ourense, protección Civil e membros da Fegamp.

Na provincia de Ourense, hai 101 estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia cun total de 1.028,67 Km. A Xunta ten identificadas na nosa provincia as vías susceptibles de ter problemas de neve que suman 453 Km, que supoñen un 44% do total.

O Plan de Vialidade invernal da Xunta implica a posta a disposición de diferentes medios, tanto humanos como materiais, incluíndose a maquinaria da conservación ordinaria que se usa como reforzo na tempada de vialidade invernal.

As medidas e actuacións divídense en dous grandes grupos: as preventivas para anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir e as curativas destinadas a garantir a vialidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas.

Medios humanos e materiaisCo obxectivo de aplicar estas medidas, o Goberno galego conta na provincia ourensá con 15 camións, 8 follas quitaneves, 3 retros, 13 esparexedores de sal, 6 cuñas, 3 extendedoras de salmoeira e un pick-up.

Cando se detecte a presenza de neve na calzada procederase ao paso da coitela quitaneves e á inmediata extensión de fundentes, sal ou salmoira. Na provincia existen 3 plantas de fabricación de salmoira, emprazadas nas subzonas de Ourense e A Rúa, e na AG-53, en Cea. Canto á reserva de fundentes, a provincia de Ourense conta co acopio inicial de 2.135 toneladas. Canto ao persoal, para garantir e incrementar a seguridade viaria nos meses de outono e inverno na provincia ourensá destínanse un total de 102 persoas.

Este operativo garante unhas óptimas condicións de circulación pola rede de estradas de titularidade autonómica ante as posibles condicións meteorolóxicas adversas.


- Te recomendamos -