Acordaron a celebración de doce actividades de formación continua durante 2019, en virtude do convenio asinado entre ambas entidades
A Xunta e o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) acordaron hoxe celebrar en 2019 un total de doce actividades de formación continua dirixidas aos membros da carreira xudicial que traballan en Galicia, en virtude do convenio de colaboración que subscriben anualmente ambas entidades.
Así se decidiu esta mañá nunha reunión na que participaron o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; o vocal do CXPX, José Manuel Fernández; e representantes das catro asociacións de xuíces.
Os cursos celebraranse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, e abordarán asuntos como os concursos de acredores, os delitos contra a saúde pública, os dereitos das persoas con discapacidade, as mulleres e menores como vítimas directas ou secundarias, ou o expediente xudicial electrónico.
- Te recomendamos -