O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asinou convenios coas Asociacións Galega de Xogadores Anónimos e de Ludópatas e Rehabilitación, en materia de xogo responsable
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou que o Goberno galego colaborará en materia de orientación e asesoramento en xogo responsable.
Alfonso Rueda asinou dous convenios de colaboración con representantes da Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA) e da Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación (AGALURE) para o apoio de accións de prevención, promoción, divulgación, información, asesoramento en materia de xogo responsable.
A Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA) ocúpase de ofrecer atención especializada a persoas que padecen ludopatía e problemas derivados da adicción ao xogo, así como a realizar funcións de información, orientación e sensibilización ao conxunto da sociedade.
Por outra banda, a Asociación Galega de Ludópatas en Rehabilitación ofrece ás persoas afectadas que padecen ludopatía ou outras adicción sen substancias ou comportamentais e ao seu entorno, atención médica, psicoterapéutica, asesoramento xurídico e os apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social dos afectados.
- Te recomendamos -