Inicio Galicia Xunta, Deputación de Pontevedra e Concello do Grove renovan a súa colaboración...

Xunta, Deputación de Pontevedra e Concello do Grove renovan a súa colaboración para o mantemento do Grupo Municipal de Atención a Emerxencias

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou hoxe na firma do convenio de colaboración destacando a aportación da administración que rolda os 33.300 euros


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participou esta mañá na firma do convenio de colaboración para o mantemento do Grupo Municipal de Atención a Emerxencias do concello do Grove que supón unha aportación por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza de 33.343 euros.

Na firma do convenio, na que tamén participan a administración provincial e local, tamén estiveron presentes Carlos López Font, membro da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra e o alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos.

Deste xeito, a Xunta de Galicia, tal e como explicou Cores Tourís, financia a aportación deste convenio a través da Dirección Xeral de Administración Local e con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. O grupo estará composto por 13 efectivos, cun custo estimado global para 6 meses de 132.794 euros.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

Ademais, a protección e seguridade dos veciños desta vila, veuse reforzada dende a Dirección Xeral de Emerxencia nos últimos anos con diversas subvencións á Asociación de Voluntarios de Protección Civil e coa entrega de material para o seu desenvolvemento, como un remolque de emerxencias e outro remolque con toldo presurizado, unha pickup e dous traxes de loita contra a velutina.

O Grupo Municipal de Atención a Emerxencias do Grove terá como funcións o salvamento e asistencia en praias e rescate na mar; a vixilancia e extinción de incendios forestais, urbanos e industriais; a conservación do medio ambiente; a seguridade en concentracións humanas e en accidentes de circulación, así como a intervención en inundacións e temporais e a atención sanitaria de feridos. Tamén levarán a cabo a recollida de animais abandonados e perigosos, o control e loita contra a velutina e a información sobre situacións de emerxencia ou catástrofe.

A maiores, cabe recordar que a provincia de Pontevedra conta con 5 GES (A Estrada, Lalín, A Guarda, Valga e Mancomunidade de Val Miñor) e 2 servizos municipais, incluídos no convenio de grupos municipais de atención a emerxencias (Sanxenxo e Ponteareas). En total, dende a administración autonómica apórtase para o seu mantemento, un total de 961.945 euros.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

- Te recomendamos -