Inicio Galicia Vigo concentra o 50% dos perceptores da Risga na provincia de Pontevedra...

Vigo concentra o 50% dos perceptores da Risga na provincia de Pontevedra cun investimento de máis de 11,5 M? de xaneiro a novembro

0

O importe destinado á Renda de Inclusión Social e ás Axudas de Inclusión Social supera no acumulado ata novembro os 12 millóns de euros na cidade


Vigo concentra o 50 por cento dos perceptores da Renda de Inclusión Social (Risga) da provincia de Pontevedra, cun total de 2.383 beneficiarios en nómina segundo os últimos datos correspondentes ao mes de novembro (26.583 nóminas expedidas no acumulado do ano); porcentaxe que supera o 23,5 por cento no conxunto de Galicia. O importe destinado pola Administración autonómica a esta prestación e ás Axudas de Inclusión Social na cidade supera no devandito período os 11,5 millóns de euros. Cifra, esta última, á que habería que sumar os 512.501 euros que se destinan ás Axudas de Inclusión Social (AIS), cun total de 569 concedidas no acumulado ata novembro.

Atendendo a este mesmo período, na área territorial de Vigo a contía supera os 14 millóns no caso da Risga e os 651.391 euros no caso do AIS.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

Cómpre lembrar que pese a que a cidade de Vigo representa unha terceira parte da poboación da provincia absorbe preto de cinco de cada dez euros destinados pola Consellería de Política Social á Renda autonómica de Inclusión Social.

En canto aos tempos de tramitación, a Xunta segue a axilizar ao máximo os prazos de resolución desta prestación, en cuxa tramitación interveñen os solicitantes, os concellos e, por último, o Goberno galego, tal e como destacou hoxe en rolda de prensa o delegado territorial Ignacio López-Chaves. Neste senso, cómpre destacar que Vigo é o concello da área que máis tarda en enviar os expedientes da Risga á Administración autonómica, superando os cinco meses e medio.

Respecto á Administración autonómica, segue a baixar os tempos de resolución respecto aos dous meses que marca a normativa. No caso de Vigo, ata os 24 días desde que entra a solicitude na xefatura territorial, sinalou López-Chaves.

Lonxe de corrixir esta situación, o representante autonómico lamentou que o reforzo de persoal para os Servizos Sociais aprobado no marco do Plan Concertado, no que o Concello de Vigo resultou beneficiado con 15 traballadores máis (11 en 2016 e 4 en 2017), non se deixara notar en positivo. López-Chaves, quen recordou que o 80% dos perceptores da Risga na área territorial son vigueses, insistiu en que “a política social neste ámbito debe ser unha prioridade para o Concello”. “Esta tardanza, de preto de 160 días entre a data de solicitude ao Concello e a de rexistro de entrada na Xunta, non se pode dar por válida, xa que os principais prexudicados son os veciños e veciñas de Vigo”, opinou.

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

Tras defender que este Goberno ten moi presentes ás persoas, vinculou este compromiso co anuncio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que este mes darase o visto e prace ao decreto que permitirá por primeira vez que a Renda de Inclusión Social sexa compatible con ingresos laborais.

Por último, o representante autonómico subliñou que os orzamentos da Consellería de Política Social inclúen un importe reforzo do capítulo investidor na cidade, cun incremento do 12,5 por cento respecto ao pasado exercicio ata os 52,4 millóns de euros. “Un importante esforzo investidor”, dixo, que permitirá abrir unha nova residencia de maiores con 150 prazas e a creación dunha nova escola infantil na futura Cidade da Xustiza.  


- Te recomendamos -