O secretario xeral asistiu hoxe no Escorial á presentación das Cantigas de Santa María e da versión galega da General estoria de Afonso X O Sabio
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe na Real Biblioteca do Escorial á presentación das Cantigas de Santa María e da versión galega da General estoria de Afonso X o Sabio, acompañados da música en directo de Carlos Núñez. O encontro enmarcouse no XII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) que tamén clausurou onte o secretario xeral e que reuniu na capital do Estado do 10 ao 15 de setembro galicianistas chegados de todo o mundo arredor do tema "Novos horizontes para unha Galicia global: redes, territorio, memoria".
- Te recomendamos -