Inicio Galicia Valentín García participa no acto de apertura da XIV Xornada de normalización...

Valentín García participa no acto de apertura da XIV Xornada de normalización lingüística das Escolas Católicas de Galicia

0


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á mañá no acto de apertura da XIV Xornada de normalización lingüística das Escolas Católicas de Galicia. O encontro, que se desenvolve ao longo do día de hoxe na sede do Consello da Cultura Galega, diríxese a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados de Galicia. O programa ofrece propostas moi variadas, desde o relatorio de Clodio González sobre estratexias didácticas para coñecer a figura de Antón Fraguas ata unha mostra de experiencias dinamizadoras relacionadas con distintos eidos: a ciencia, a banda deseñada ou os xogos tradicionais, entre outros.


- Te recomendamos -