O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á mañá no compostelán Café-Casino na rolda de prensa na que se deron a coñecer das novelas finalistas do XIV Premio Novela Europea Casino de Santiago: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantxa Potabales (Editorial Galaxia); Perdón, de Ida Hegazi Høyer (Nordica Libros); Recursos inhumanos, de Pierre Lemaitre (Alfaguara); Terra de campos, de David Trueba (Editorial Anagrama); e Toda unha vida, de Robert Seethaler (Editorial Salamandra).
- Te recomendamos -