Ao premio de arquitectura corresponden 21 candidaturas; ao de rehabilitación, 17; ao especial á sustentatibilidade, 6; e dous proxectos están presentes en dúas categorías diferentes
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017.- Un total de 42 candidaturas preséntanse aos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o premio de Arquitectura presentáronse 21 candidaturas e para o de rehabilitación 17 así como 6 para o premio especial á sustentabilidade. Dous dos proxectos presentados están incluídos en dúas categorías diferentes.
O xurado do premio xa celebrou a súa primeira reunión, na que se analizaron as propostas presentadas e se avanzou cara a selección dos finalistas.
Os premios, que convoca a Xunta, cun valor total de 24.000 euros, terán as seguintes modalidades e dotacións:1. Premio galego de arquitectura. Outorgarase entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou obras de ampliación que teñan suficiente entidade propia como para ser valorados de forma independente á construción orixinal. Dotación económica: 6.000 €2. Premio galego de rehabilitación. Destinado a galardoar os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente. Dotación económica: 6.000 €3. Mencións. Entre as actuacións que non obtivesen premio poderán destacarse con mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.4. Premios Especiais. O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a continuación:a) Á sustentabilidade. Destinado a destacar aquela actuación que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co medioambiente, os recursos e as xeracións futuras. Dotación económica: 6.000 €b) Á traxectoria profesional. Recoñecemento á meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura, no territorio galego, que o outorgará o xurado en base ás propostas formuladas polas entidades integrantes do xurado. O premiado deberá ser arquitecto. Dotación económica: 6.000 €.
Poden optar a estes premios os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas entre os días 1 de xaneiro de 2016 e 31 de decembro de 2017 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Os autores dos proxectos deberán ser arquitectos.
O xurado que elixirá aos gañadores está presidido pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda e composto por representantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo; Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Real Academia Gallega de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario; Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña; Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña; Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia; Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos; Federación Galega da Construción e Federación de Promotores de Edificación y Suelo de Galicia.
Na primeira edición dos premios resultaron galardoados os seguintes traballos:
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
- Te recomendamos -