Inicio Galicia Un total de 29 Anpas de centros de educación especial recibirán axudas...

Un total de 29 Anpas de centros de educación especial recibirán axudas para financiar as súas actividades

0

A Consellería de Cultura e Educación habilitou unha partida de 73.667,63 euros para esta convocatoria

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180522/AnuncioG0164-140518-0001_gl.html ) a concesión das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para este ano, das que se beneficiarán un total de 29 ANPAs.

A Consellería de Cultura e Educación habilitou unha partida de 73.667,63 euros co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento das actuacións e a gastos de xestión, material e mantemento das instalacións das confederacións, federacións e ANPAs de centros de educación especial.

En total concedéronselle axudas a 29 entidades. Na provincia da Coruña as beneficiarias son a Confederación Galega de APAS de centros públicos (CONFAPA), a Confederación Galega de APAS (CONGAPA), a Federación provincial de APAS de centros públicos, a Federación provincial de ANPAS privados (FAPA), a APA do CEE Nuestra Señora del Rosario, todas elas da Coruña; a Condeferación ANPAS galegas, a Federación centros públicos Compostela, a Federación Central de APAS (FECAPA), todas de Santiago de Compostela; a Federación de centros públicos A Costa da Morte (Carballo), e a ANPA CEE Amicos (Ribeira). No caso da provincia de Lugo, recibirán a axuda a Federación provincial de APAS de centros públicos (FAPACEL), a Federación provincial de APAS (FAPALUGO) e a ANPA do CEE Santa María, todas elas do concello de Lugo.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

En Ourense, son beneficiarias as ANPAS do CEE Miño, do CEE Ilustre Mestre e a Federación provincial de APAS centros públicos As Burgas, do concello de Ourense. Finalmente, na provincia de Pontevedra recibirán as axudas a Federación provincial de ANPAS centros públicos e a APA do CEE Juan XXIII, ambas do concello de Pontevedra; a Federación Estradense (FESANPAS, A Estrada), a ANPA do CEE Joaquina Otero (A Guarda), a APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María (Nigrán), a APA de ACEESCA CEE Santísimo Cristo del Amor (O Porriño), as APAS do CEE de Vilagarcía de Arousa e do CEE Os Mecos (ambas en Vilagarcía); a Federación ANPAS Olívica (FOANPAS), a Federación ANPAS do Suroeste (SURGAPA), a ANPA do CEE A Menela e as APAS do CEE Saladino Cortizo e do CEE San Rafael, todas elas en VigoO obxecto desta convocatoria é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material e mantemento ordinario das instalacións destas entidades.  


- Te recomendamos -