Inicio Galicia Un total de 18 empresas presenta ofertas para executar obras de reforzo...

Un total de 18 empresas presenta ofertas para executar obras de reforzo de firme en estradas das comarcas de Santiago, Melide e o Barbanza, cun orzamento de máis de 1 millón de euros

0

Estas intervencións beneficiarán aos concellos de Boimorto, Boiro, Dodro, Melide, Noia, Rianxo, Teo e Santiago de Compostela

Un total de 18 empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de reforzo de firme en varias estradas de titularidade autonómico ao seu paso polas comarcas de Santiago, Melide, e O Barbanza, nas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá máis de 1 millón de euros.

Estas intervencións do departamento de Infraestruturas de Xunta beneficiarán aos concellos de Boimorto, Boiro, Dodro, Melide, Noia, Rianxo, Teo e Santiago de Compostela.

As actuación proxectadas definen reparacións do firme que permitan prolongar a vida útil do pavimento das seis estradas obxecto destas obra, segundo a necesidades observadas nos distintos tramos,Na estrada AC-250, no concello de Santiago, intervirase nos 6,2 quilómetros de vía. E na AC-553, no Concello de Rianxo, actuarase ao longo de toda a estrada, de 1,44 quilómetros. Ademais nestes viarios se prevé a construción en zonas puntuais de cunetas de seguridade.

Na AC-305, ao seu paso polos concellos de Boiro, Rianxo e Dodro, executaranse os traballos en zonas puntuais entre os puntos quilométricos 6+000 e 25+000. E na AC-550, no Concello de Noia, intervirase entre os puntos quilométricos 69+500 e o 73+000.

Leer más:  Rueda insiste en que será "muy reivindicativo" con la financiación: "No renuncio a lo que nos pertenece"

Tamén se acometerán traballos en zonas localizadas nas estradas AC-840, concelloss de Melide e Boimorto, entre os puntos quilométricos 36+000 e 49+000. E o mesmo na AC-841, Concellos de Santiago e Teo, entre os Puntos quilométricos 0+000 e 11+710.

No marco de este contrato se inclúe ademais actuacións de reforzo de firme no enlace entre a AG-58 e a AG-59, no Concello de Teo. Plan de reforzos de firmesA Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a continuar co desenvolvemento do Plan de reforzos de Firme, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria, proporcionando aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. O departamento de Infraestruturas da Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que van máis alá dás tarefas ordinarias de conservación, complementándoas tamén con obras de conservación extraordinarias. 


- Te recomendamos -