Inicio Galicia Un ciclo de andainas xacobeas conmemorará o XXV aniversario da declaración do...

Un ciclo de andainas xacobeas conmemorará o XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial

0

A Consellería de Cultura e Turismo apoia a iniciativa da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), que dará comezo este sábado

Un ciclo de andainas xacobeas conmemorará desde este sábado e ata o mes de decembro o XXV aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial, e renderá tamén homenaxe ao Xacobeo 93, dúas efemérides que celebran este outono.

Trátase de Días de andar… As camiñadas dos XXV anos do Xacobeo e do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial, unha iniciativa levada a cabo pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo e que foi presentada hoxe en Santiago de Compostela coa presenza da directora de Turismo, Nava Castro, e a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira.

Ao abeiro deste proxecto celebraranse nove camiñadas abertas ao público en xeral desde este sábado 6 de outubro. As saídas están programadas desde distintos puntos de Galicia e permitirán percorrer e coñecer a riqueza cultural, natural e patrimonial das catro provincias galegas a través de algúns tramos do Camiño Francés, do Camiño Portugués, do Camiño de Inverno, do Camiño Primitivo, do Camiño Inglés ou do Camiño de Fisterra e Muxía.

Leer más:  Las cuatro provincias gallegas tienen puntos con mala calidad del aire debido a los incendios de Portugal

O calendario inclúe no mes de outubro unha saída o día 6 en Ourense, o día 12 en Tui, o día 20 na cidade de Lugo e o día 27 na localidade ourensá de A Rúa. O sábado 3 de novembro será a quenda de Sarria e Portomarín, o día 10 a camiñada terá lugar en Cesures e Padrón, o día 17 de novembro será en Fisterra e o día 24 en Chantada. O ciclo de andainas rematará o 1 de decembro cunha saída na cidade da Coruña.

Apoio ao asociacionismoO apoio a esta iniciativa enmárcase no traballo do Goberno galego por impulsar e favorecer o labor do asociacionismo vinculado ao Camiño de Santiago, fomentando o seu papel clave a prol dos valores tradicionais da peregrinación, da súa preservación e difusión a través de diferentes iniciativas como Días de andar. A contribución das asociacións é tida moi en conta no Plan director do Camiño de Santiago, a folla de ruta galega ao redor da xestión do Camiño de Santiago, que inclúe iniciativas dirixidas a impulsar a cooperación cos diferentes colectivos no labor esencial de información e de difusión que desenvolven.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

- Te recomendamos -