O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, asistiu hoxe á presentación do libro Incendios forestais. Reflexiones desde Galicia de Hércules de Ediciones no que ademais colaborou como autor. No seu artigo o director xeral explica o importante operativo do que dispón Galicia para facer fronte a esta lacra. Sinala que a actividade incendiaria segue a ser moi activa no noso territorio cando as condicións meteorolóxicas son máis extremas. Así, aposta pola concienciación para loitar contra este problema e polas medidas estruturais sobre o territorio para garantir a seguridade dos núcleos de poboación, en referencia ás franxas de seguridade e ao mantemento das distancias das plantacións.
Trátase este dun libro composto por diferentes autores (políticos, docentes…) entre os que colaboran técnicos da Consellería do Medio Rural, como varias especialistas do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
- Te recomendamos -