Reuníronse hoxe de novo para garantir o cumprimento do concerto vixente que acordaron ambas partes en 2014
Representantes do Sergas e de Povisa mantiveron hoxe unha nova reunión na que quedou constituído o comité de traballo no que se abordarán medidas para garantir o cumprimento e a eficiencia do concerto en vigor que asinaron ambos en 2014. Nese sentido, a Administración sanitaria propuxo vías de mellora como asumir a xestión directa da medicación que se dispensa aos pacientes ambulatorios (non ingresados) da área de Vigo asignados ao devandito centro hospitalarioA implantación desta medida permitiría axustar os gastos de farmacia que se viñan facturando ao Sergas aos parámetros de compra centralizada da rede pública de centros hospitalarios, mentras que Povisa responsabilizaríase só da prescrición e dispensación aos pacientes que ten asignados. Con esta finalidade, xa se puxeron en contacto os técnicos que se encargarán da implantación das aplicacións informáticas que permitirán compartir as guías farmacoterapéuticas.
Garantías para pacientes e persoalO Sergas lembra que segue a cumprir puntualmente coas obrigas que acordaron ambas partes no concerto asinado en 2014, e que mantén abertas as vías de diálogo para garantir a tranquilidade tanto da cidadanía da área de Vigo como do persoal de Povisa. Con este obxectivo, seguiranse a manter contactos periódicos cos responsables do centro hospitalario para traballar conxuntamente en sistemas cos que avanzar no cumprimento do concerto acordado por ambas partes.
- Te recomendamos -