Inicio Galicia Santiago de Compostela acolle o vindeiro 26 de outubro a segunda edición...

Santiago de Compostela acolle o vindeiro 26 de outubro a segunda edición do ?Climathon Galicia 2018?, un evento mundial sobre o cambio climático

0

Unha das novidades do encontro, gratuíto para o público asistente, é a celebración dun Diálogo de Talonoa entre todos os asistentes, que xirará en torno a tres cuestións centrais: onde estamos? Cara onde se quere ir? e Como chegamos alí?

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda invita á sociedade galega a participar no evento mundial por referencia sobre o cambio climático, Climathon 2018, que por segunda vez se celebrará en Galicia, co fin de escoitar as propostas e iniciativas dos galegos para loitar contra o cambio climático.

O Climathon é unha reunión simultánea en diferentes cidades do mundo, na que se abordan os desafíos climáticos para buscar solucións novidosas e pioneiras aos retos que representa este fenómeno. Este evento de alcance mundial sobre o cambio climático celebrarase o vindeiro 26 de outubro en Santiago de Compostela, sumándose así a máis de 100 cidades de diferentes países, que participan nesta iniciativa impulsada pola Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea.

Na edición deste ano, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático -organizadora do evento- seleccionou o lema ‘Menos residuos, menos emisións, para abordar esta cuestión desde tres niveis, a innovación, a xestión dos residuos e a comunicación e sensibilización social.

Unha das novidades que incorpora o Climathon é a celebración paralela dun Diálogo de Talonoa entre todos os asistentes ese día. Trátase dunha iniciativa lanzada durante a conferencia das Nacións Unidas sobre cambio climático en Bonn a finais do 2017 (COP 23), sendo o seu obxectivo xerar un diálogo inclusivo, participativo e transparente, compartir historias, construír empatía e tomar decisións para o ben común.

O método Talanoa crea un espazo proclive ao intercambio de ideas e á toma de decisións colectivas para cumprir os obxectivos do Acordo de París sobre cambio climático. Así, no espazo reservado para esta acción solicitarase aos asistentes propostas en torno a tres cuestións centrais: Onde estamos? Cara onde queremos ir? Como chegamos alí?As mesas e paneis organizados xirarán en torno á innovación e á economía circular e como este modelo de produción, que aposta por dar unha nova vida aos refugallos e mantelo o máximo tempo posible na cadea de produción e, en consecuencia, facendo unha mellor xestión dos recursos e materias primas. Os residuos tamén será unha cuestión importante neste encontro, polo que se abordará desde distintos puntos de vista, como a súa presencia no día a día, así como medidas para evitar a súa xeración.

Aberto a todos os cidadánsO encontro de traballo está aberto á participación de toda a cidadanía, facendo un chamamento para que todos os estudantes, investigadores, emprendedores, axentes sociais e persoas con inquedanzas ante o reto do cambio climático participen neste evento. As ideas e propostas serán avaliadas mediante dinámicas de grupo que contarán coa axuda de expertos que contribuirán a favorecer o debate e a xerar unha proposta coherente e competitiva.

A xornada terá lugar o venres, 26 de outubro de 10 a 22 horas, no Centro Obra Social Abanca. Na cita tamén participarán tamén expertos para achegar a súa visión, experiencia e coñecementos sobre economía circular e os retos da adaptación ao Cambio Climático.

Para máis información sobre a dinámica do Climathon, pódese consultar a web oficial.


- Te recomendamos -