Inicio Galicia Sanidade mantén a súa oferta de diálogo co persoal dos puntos de...

Sanidade mantén a súa oferta de diálogo co persoal dos puntos de atención continuada para seguir avanzando na mellora das condicións de traballo

0

O Sergas lembra que coa implantación da carreira profesional o persoal percibirá un incremento retributivo do 6%

O Sergas mantén abertas as liñas de diálogo para chegar a acordos que permitan continuar avanzando na mellora das condicións de traballo do persoal dos Puntos de Atención Continuada. Neste senso, a administración sanitaria lembra que se veñen desenvolvendo varias reunións nas que Sanidade amosouse favorable a atender as reivindicacións manifestadas polos propios profesionais como o pago da dobre dieta en domingo/festivo, modificacións na modulacion dos acordos de xestión en materia de derivacións, ou o establecemento dunha uniformidade comun en todos os PACS de Galicia.

O Sergas lembra que xa está a realizar un importante esforzo na mellora das condicións de traballo, como a implantación da carreira profesional que implica un incremento retributivo medio dun 6% para 22.000 profesionais, entre os que se atopan os profesionais de medicina de familia e profesionais de enfermería de PAC. Con todo, o Sergas lembra a súa intención de ir recuperando outros incrementos retributivos, conforme ao que determinen as leis de orzamentos.

Leer más:  El rey emérito llega a Sanxenxo (Pontevedra) para unirse a las regatas

O Sergas mantén o compromiso de acadar maiores cotas de estabilidade do seu persoal e de manter a taxa de substitución do seu cadro de persoal. Así, as ofertas públicas de emprego dos últimos anos centráronse na atención primaria. Ao respecto, o vindeiro 25 de novembro, celebraranse as probas para cubrir 214 prazas de médico de familia. En total, no período período 2012-2017 ofertánronse 1.358 prazas de médicos de familia e enfermería.

Cómpre subliñar que número de médicos de familia incrementouse nun 7% pasando de 2.434 no ano 2008 a 2.601 en 2017. Destaca tamén a porcentaxe de estabilidade neste colectivo: o 96% dos profesionais de medicina de familia son estables e os pediatras o 100%. Ademais, o Sergas ven adoptando medidas como o incremento da oferta de prazas MIR, así este ano realizouse a maior oferta dos últimos anos con 404 prazas e aumentouse a 105 as prazas para a de médico de familia e comunitaria, 7 prazas máis que en 2017.  


- Te recomendamos -