Inicio Galicia Sanidade informa de que se eleva a oito o número de persoas...

Sanidade informa de que se eleva a oito o número de persoas ingresadas logo do accidente do Marisquiño en Vigo

0

En total, foron atendidas 428 persoas

A Consellería de Sanidade informa que elévase a oito, tras un novo ingreso rexistrado no Chuvi durante a pasada madrugada, as persoas ingresadas nos centros hospitalarios, logo do accidente ocurrido nun dos concertos do festival do Marisquiño. Catro dos feridos están no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), tres no Hospital Povisa, e un no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

A día de hoxe, un total de 428 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente, foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais. Por centros, 189 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 57 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 106 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 3 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzouse o persoal para atender a todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061.*Información actualizada ás 10,00 h 


- Te recomendamos -