Inicio Galicia Sanidade busca a atención integral e continuada das persoas con Alzheimer e...

Sanidade busca a atención integral e continuada das persoas con Alzheimer e das súas familias

0

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou que Sanidade busca a atención integral e continuada das persoas con Alzheimer de das súas familia, unha doenza que en España estímase que afecta a uns 400.000 enfermos e que segundo as previsións esta cifra podería multiplicarse por catro nos vindeiros 50 anos. Así o manifestou esta mañá, na inauguración das XVI Xornadas interdisciplinares da Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (FAGAL).

O conselleiro lembrou as ferramentas das que dispón Sanidade para estes pacientes e as súas familias como a Escola galega de Saúde, a plataforma E-Saúde, o Consello asesor de pacientes, a tarxeta dobre A ou mesmo os convenios de colaboración anuais con FAGAL. Estes convenios recollen puntos como a formación continuada de profesionais, membros de asociacións e coidadores, sensibilización social, e orientación e asesoramento as familias e coidadores entre outros aspectos. 


- Te recomendamos -