Inicio Galicia Sanidade avoga por unha atención multidisciplinar dos pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal

Sanidade avoga por unha atención multidisciplinar dos pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal

0

Nesta xornada conmemórase o Día internacional das enfermidades inflamatorias intestinais

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña asistiu hoxe, no Pazo da Cultura da cidade do Lérez, á inauguración da III Xornada provincial de crohn e colite ulcerosa para doentes, coidadores e profesionais. Neste encontro, no que se conmemora o Día Internacional das enfermidades inflamatorias intestinais, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego dixo que estes pacientes deben ser atendidos dentro do sistema sanitario dun xeito multidisciplinar, por parte de diferentes especialistas que, traballando de xeito coordinado, axudarán a que as repercusións da enfermidade sobre a vida da persoa sexa o menos impactantes posible.

Segundo Almuiña, é tamén prioritario reducir o incremento na incidencia da enfermidade xa que, nos últimos anos, estase a producir un aumento importante no número de casos. Acelerar o diagnóstico e non diferir o inicio do tratamento ou das complicacións cando estas se presenten, son tamén factores fundamentais na abordaxe da patoloxía, -remarcou o conselleiro-.

Tal e como sinalou o titular da carteira sanitaria, as probas diagnósticas e as alternativas terapéuticas con efectividade probada na enfermidade inflamatoria intestinal están dispoñibles nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde, pero deben adaptarse coidadosamente ás características e situación clínica de cada paciente.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

Para rematar a súa intervención, Almuiña agradeceu o traballo da Asociación socio sanitaria de enfermidades intestinais, organizadora do evento, á hora de afrontar novos retos, e remarcou a importancia de visualizar a enfermidade e concienciar á cidadanía e ás institucións das necesidades específicas das persoas que a padecen. 


- Te recomendamos -