Convocará unha reunión na vindeira semana a representantes dos profesionais de todas as áreas sanitarias, do Consello Galego de colexios médicos, dos Colexios profesionais de enfermería farmacia e fisioterapeutas e das asociacións de médicos de familia, así coma a asociación de enfermería de atención primaria, membros do Consello asesor de Sanidade entre outros
A Consellería de Sanidade ampliará a representación dos profesionais no grupo de traballo para desenvolver un novo modelo de atención primaria coa incorporación de representantes de todas as categorías en cada unha das sete áreas sanitarias, e dos colectivos máis representativos.
Sanidade convocará a unha xuntanza o martes da vindeira semana, co obxectivo de contar coa máxima representación de todos os sectores profesionais implicados na consolidación dun modelo que dea resposta aos retos do envellecemento poboacional e da falta de profesionais especialistas aos que se enfronta o conxunto do Sistema Nacional de Saúde. Preténdese deste xeito traballar na procura de medidas para aplicar a curto, medio e longo prazo.
A Consellería quere contar coa colaboración de representantes de todas as categorías en cada unha das áreas sanitarias e persoal de xestión de servizos de atención primaria , do Consello Galego do Colexio de médicos, dos Colexios profesionais de enfermería, farmacia e fisioterapeutas e coas asociacións de médicos de familia, así coma a asociación de enfermería especialista de atención primaria, membros do Consello asesor de Sanidade e asociacións científicas. Nunha segunda fase, tamén estará o Consello asesor de pacientes.
- Te recomendamos -