Inicio Galicia Rosa Quintana pon en valor o labor investigador dos buques oceanográficos como...

Rosa Quintana pon en valor o labor investigador dos buques oceanográficos como o Ramón Margalef

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou esta tarde ás confrarías de Corme, Laxe e Malpica na visita ao buque oceanográfico Ramón Margalef, do Centro Oceanográfico da Coruña. Alí destacou o valor do labor investigador dos buques deste tipo. Este buque desenvolve a súa actividade no ámbito nacional e mares adxacentes e conta coa tecnoloxía máis punteira para estudar a xeoloxía mariña, oceanografía física e química, bioloxía mariña, pesquerías e control medioambiental.

A visita realizada hoxe pola conselleira enmárcase na xornada de portas abertas deste buque, celebrada no porto de Corme e organizada polo Centro Oceanográfico da Coruña, dependente do Instituto Español de Oceanografía, IEO, e pola Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme. Así, durante a xornada de hoxe, tamén visitaron o buque alumnos e alumnas de diferentes colexios.


- Te recomendamos -