A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou o traballo que realiza a Armada a prol da seguridade e da formación no eido marítimo. Fíxoo esta mañá durante o acto de entrega do buque escola e de cooperación pesqueira “Intermares” á Armada.
Alí tamén puxo en valor a colaboración que mantén a Consellería do Mar coa Armada en materia de seguridade marítima, vixilancia dos espazos mariños e loita contra a contaminación, a través do Servizo de Gardacostas e de formación, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
- Te recomendamos -