O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo hoxe un encontro cos delegados do Festival Intercéltico de Lorient, que en 2019 contará con Galicia como territorio convidado. A xuntanza permitiu avanzar na planificación da 49ª edición deste histórico encontro da cultura celta, que se celebrará do 2 ao 11 de agosto e onde a nosa Comunidade terá o máximo protagonismo.
Con case medio século de historia, o Festival Intercéltico de Lorient reúne en cada edición a máis de 4.500 artistas de Bretaña, Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man e Irlanda, así como de Galicia e Asturias, ademais duns 120.000 espectadores con entrada e 750.000 visitantes na localidade. O compromiso da Xunta de Galicia foi moi importante para acadar o convite na vindeira edición, un traballo que se enmarca na actividade de promoción e difusión da cultura galega que se vén desenvolvendo desde o Goberno autonómico.
- Te recomendamos -