Inicio Galicia Román Rodríguez mantén unha xuntanza co secretario de Cultura do Goberno arxentino

Román Rodríguez mantén unha xuntanza co secretario de Cultura do Goberno arxentino

0


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo este pasado venres unha reunión co secretario de Cultura y Creatividad do Goberno arxentino, Andrés Gribnicow, para tratar temas de interese do ámbito cultural. De feito, un dos puntos principais da xuntanza foi a situación na que se atopa o Centro Gallego de Bos Aires. Tanto o conselleiro como o embaixador de España, Francisco Javier Sandomingo Núñez, trasladáronlle o seu interese polo procedemento, facendo especial fincapé na salvagarda do patrimonio artístico e bibliográfico do centro. Neste sentido, o secretario de Cultura manifestou que “o obxectivo é protexer o patrimonio que está no Centro Gallego, garantir a súa conservación futura e difusión”.

Os representantes do Ministerio de Cultura –ademais do secretario tamén estiveron presentes o director nacional de Formación Cultural, Juan Urraco; e a directora nacional de Innovación Cultural, Alejandrina D´ Elía– comprometéronse a manter unha comunicación e colaboración constante. Así mesmo, tamén se abordaron posibles cooperacións entre Galicia e Arxentina no ámbito audiovisual, así como no artístico, mediante proxectos vinculados coa Cidade da Cultura.Á xuntanza tamén asistiron o conselleiro de Empleo y Seguridad Social de España en Arxentina, José Luis Mira Lema; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e mais o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.  


- Te recomendamos -