Ata o de agora hai unha persoa falecida e outra posible desaparecida. Dos 30 feridos, 7 deles son menores e ningún corre risco a súa vida
Esta mañá se teñen reiniciado as labores de desescombro coa máxima prioridade de buscar posibles vítimas, especialmente ese posible desaparecido e incorpóranse á busca dous cans de rescateAta o de agora hai unha persoa falecida e outra posible desaparecida. Dos 30 feridos, 7 deles son menores e ningún corre risco a súa vida. Hoxe a mediodía haberá novo parte médico.
A autoridade xudicial determinou que o lugar non era seguro para os grupos de intervención e entón pola noite quedaron catro dotacións de bombeiros que se dedicaron a extinguir posibles focos. Todos foron de pouca relevancia salvo un que foi maior e requiriu dunha nodriza para dotar de auga aos bombeiros.
Axentes da Garda Civil e Policía Nacional, axudados por Protección Civil, mantiveron a seguridade na zona, onde interviron 240 efectivos de emerxencias e ducias de axentes de Policía Nacional, Garda Civil, Autonómica e Local.
Os veciños que perderon as casas foron realoxados en hoteis e reciben asistencia e apoio. E Cruz Roja mantivo un dispositivo de albergue na zona, que prestou asistencia a 5 dos 30 evacuados.
- Te recomendamos -