Inicio Galicia Preto de 1.000 profesionais sanitarios de 24 centros de saúde do Sergas...

Preto de 1.000 profesionais sanitarios de 24 centros de saúde do Sergas usan xa o sistema de xestión de citas de pacientes denominado Quendas

0

Consiste nun sistema organizado de chegada dos doentes ás consultas, que facilita e ordena o acceso, protexendo os datos e a intimidade da poboación

O Servizo Galego de Saúde está a poñer en marcha nos seus centros de saúde un sistema de xestión de turnos de consulta e contidos multimedia denominado Quendas, que xa a está a ser utilizado por 972 profesionais sanitarios (pediatras, médicos de familia, persoal de enfermería ou farmacéuticos) de 24 centros de saúde do Sergas.

Esta iniciativa do departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña consiste nun sistema organizado de chegada dos pacientes ás consultas, que facilita e ordena o acceso, protexendo os datos e a intimidade da poboación. Na actualidade, xa está en marcha nos centros de saúde do Ventorrillo, Carballo, Os Mallos e San José, da Xerencia do Sergas na Coruña; Fontenla Maristany, Narón e Fene, da Xerencia de Ferrol; Illas Canarias, Fingoi e Monforte, da Xerencia de Lugo; A Ponte, Valle-Inclán e Verín, da Xerencia de Ourense; Virxe Peregrina, San Roque-Vilagarcia e A Parda, da Xerencia de Pontevedra; Ribeira, Fontiñas, Concepción Arenal, Brión e Lalín, da Xerencia de Santiago; e Rosalía de Castro, Coia e A Doblada, da Xerencia de Vigo.

Leer más:  El gobierno de Vigo fue obligado a autorizar la gasolinera del Pontillón una vez obtuvo los informes favorables

Este sistema permite que a persoa que acude á cita solicitada acceda xa á súa quenda cando chega ao centro sanitario, coa súa Tarxeta Sanitaria, nas máquinas habilitadas para iso. Estas máquinas imprimen un papel cun código que se corresponde coa consulta á que hai que se dirixir e a quenda correspondente. Cando se chega á sala de espera, unha pantalla reflicte eses códigos, e indica cando corresponde o inicio da atención e a que porta dirixirse. En paralelo, o listado de códigos de citas vanse movendo cun son de aviso, para alertar o paciente que espera pola súa quenda.

Vantaxes para a cidadanía e para os profesionaisQuendas implica rematar co uso do nome e apelidos do paciente para o chamamento, preservando a confidencialidade da persoa. Ademais, axúdalle tamén na orientación xa que lle di, segundo o caso, a que andar do centro sanitario dirixirse, e a porta concreta na que lle corresponde a atención. Esta persoa sabe así a sala á que dirixirse, a porta, e como vai o chamamento. Evita, igualmente, ao usuario a incerteza de saber se ten que esperar a que o chamen, ou ben avisar da chegada.

Leer más:  La Asamblea Republicana de Vigo ha presentado una denuncia ante la Fiscalía contra el Rey emérito y las Infantas por delito fiscal y blanqueo

Pola súa banda, o profesional sabe xa así cando chegou o paciente que lle corresponde, e que está na sala. Dálle liberdade, tamén, para que, se ten que facer unha actividade intermedia con ese paciente -probas ou resultados para o diagnóstico- poñelo en espera, e volver chamalo cando o precise. Este sistema tamén simplifica os trámites no caso de que sexa necesaria a atención dobre de facultativo e de enfermería, xa que permite a emisión da dobre cita.

Se hai algún problema coa Tarxeta Sanitaria, a causa de, por exemplo, un problema de lectura da banda magnética, é posible o acceso a Quendas co número do DNI.

Sinalar, por último, que na semana do 21 ao 25 de maio, expedíronse nos centros nos que xa se instalou o sistema un total de 52.828 turnos de consulta. 


- Te recomendamos -