A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar os trámites administrativos necesarios para poder proceder á contratación das obras de derrube dos galpóns do peirao vello de Viveiro.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que “con esta acción comeza a fase final dun proxecto que incluíu a reversión da titularidade destas naves á Xunta de Galicia para derrubalas dado o seu mal estado e acondicionar a zona para uso común”.
Con estas obras a Consellería do Mar dará resposta a unha demanda histórica do municipio. Os traballos están orzamentados en 120.000 euros e os orzamentos de Portos de Galicia para este exercicio recollen xa unha partida específica para esta actuación. Unha vez iniciadas as obras, contan cun prazo de execución de 2 meses.
- Te recomendamos -