Inicio Galicia Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda reúne a homenaxe de...

Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda reúne a homenaxe de 90 autores a esta cima mítica

0

Valentín García participou hoxe na presentación do volume editado co apoio de Política Lingüística por Alvarellos Editora en colaboración coa Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, desprazouse este serán ao Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, en Silleda, para participar na presentación do volume Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, publicado co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e en colaboración coa Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio de Boqueixón por Alvarellos Editora.

Valentín García dixo “entender perfectamente que o Pico Sacro interesase a tantos e tan diversos autores da literatura galega que plasmaron nas súas páxinas unha admiración por este monte que, en realidade, acompaña os mulleres e homes deste recuncho do mundo desde moito antes de que se inventase a escritura”.

Co secretario xeral de Política Lingüística, participaron na presentación do libro Pilar Peón, concelleira de Educación de Silleda; os escritores Miro Vilar e Xosé Manuel Lobato, coordinadores da edición, e María Luísa Camanzo, secretaria da Asociación Vista Alegre, organizadora do acto.90 autores clásicos e actuaisPico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda reúne a obra de noventa autores e a autoras arredor deste cume situado en Boqueixón. Trátase dunha edición ao coidado dos escritores Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, que recompilaron textos publicados desde o Rexurdimento ata os nosos días -algúns ben coñecidos, outros pouco divulgados- e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais. Desde Marcial Valladares ou Antonio López Ferreiro, ata Luís González Tosar, Darío Xohán Cabana, Suso de Toro ou Marta Dacosta, pasando por Castelao, Vicente Risco ou Otero Pedrayo achegan os seus poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas… mesmo contos infantís a un volume que nos aproxima a unha das xoias paisaxísticas de Galicia. 

Leer más:  Drones de la Axencia Galega de Emerxencias se suman a la búsqueda del hombre de 80 años desaparecido en Santiago

- Te recomendamos -