Inicio Galicia Pequenos criadores de porco celta amosan o seu interese por colaborar con...

Pequenos criadores de porco celta amosan o seu interese por colaborar con Medio Rural para a promoción dos seus produtos

0


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu hoxe en San Caetano a responsables da cooperativa galega de pequenos produtores de porco celta Tres Fuciños, que lle presentaron os seus plans de futuro, para impulsar esta iniciativa empresarial agroalimentaria.

Os representantes da cooperativa, que agrupa unha decena de criadores de diferentes puntos da comunidade integrados tamén no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), amosaron o seu interese por participar activamente nas diferentes accións de promoción da consellería, especialmente por estar presentes en feiras e certames sectoriais. Tres Fuciños conta con socios en concellos como Friol, A Cañiza, Carballedo ou Outes, entre outros. 


- Te recomendamos -