O Consello Territorial de Patrimonio da provincia tamén informou favorablemente á proposta de estabilización da illa do templete no estanque do Parque do Pasatempo
O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia. Valorou positivamente o proxecto de urbanización da Rúa do Rosario na Cidade Vella da Coruña pero cunha serie de condicionantes arqueolóxicos que se terán que respectar no transcurso da obra.
Na cidade da Coruña tamén se deu o visto á proposta para reparar e substituír as cubertas, pavimentos e redes de servizos no terceiro departamento do cemiterio de San Amaro e aprobouse a reforma da instalación de climatización na zona leste do primeiro andar do edificio do Rectorado.
Ademais, na comarca da Coruña autorizouse en Betanzos a proposta de estabilización da illa do templete no estanque do Parque O Pasatempo pendente dun proxecto definitivo de restauración. A proposta de estabilización foi favorable pero cunhas condicións técnicas que tamén terán que terse en conta no transcurso dos traballosDende o Consello territorial aprobouse tamén o actuación en Culleredo para a conservación das Torres de Celas cun plan de seguimento e control arqueolóxico.
Finalmente en Ferrol deuse o visto bo á retirada de vexetación no Castelo de San Felipe.
- Te recomendamos -