Inicio Galicia Ovidio Rodeiro visita o CEIP Monte Neme en Carballo onde Educación acometeu...

Ovidio Rodeiro visita o CEIP Monte Neme en Carballo onde Educación acometeu unha ampliación cun investimento de 735.000?

0

O delegado territorial da Xunta visitou o centro que agora conta cunha nova edificación de 600 m2 para os novos ciclos formativos medio e superior da familia de Administración


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o CEIP Monte Neme tras o remate das obras que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acometeu no IES Monte Neme en Carballo. En total, a Xunta realizou un investimento de 735.000 euros neste centro educativo que conta con 507 alumnos e 61 docentes.

As obras contemplaron a construción dunha nova edificación de 600 metros cadrados para dar cobertura aos alumnos dos novos ciclos formativos medio e superior da familia de Administración. Ademais deste proxecto, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional investiu noutras actuacións de mellora neste mesmo centro outros 155.000 euros nos últimos anos.

Ovidio Rodeiro destacou que “esta obra é a máis importante que se está realizando na comarca e permite dar resposta a gran demanda de formación que existe nesta concello e na súa contorna ampliando a oferta de FP”. “O que buscamos dende a Xunta de Galicia é ofrecer unha formación de calidade nas mellores condicións posibles”, recalcou.

Leer más:  El eurodiputado popular Adrián Vázquez califica de "incomprensible" la posición del BNG respecto a Venezuela

Neste senso, apuntou que “con este novo módulo dentro do recinto para albergar os espazos necesarios para impartir os novos graos o instituto queda perfectamente organizado cos edificios cos que pasará a contar definitivamente, situándose cada ensinanza nun deles. Desta forma damos resposta ás demandas da comunidade educativa e da dirección do centro”.

A construción de planta baixa contén catro aulas de entre 72 e 73 metros cadrados de superficie, equipadas para 30 postos informáticos, aseos masculinos, femininos e adaptado a minusválidos, sala para reunións do profesorado, accesos e corredor de distribución, e ademais os locais técnicos necesarios para tódalas instalacións de electricidade, rede de datos, calefacción, ventilación, etc. Todo isto suma unha superficie útil de 500,30m2 e unha superficie construída de 573,40m2.

No proxecto de ampliación contempláronse ademais algunhas actuacións de reforma en locais do edificio dedicado a secundaria e bacharelato, para acondicionar a biblioteca, unha aula de música, unha aula de plástica e a aula de tecnoloxía. Tamén se recolle a reforma dun pequeno local, na nave de talleres, ademais da substitución dos canlóns de cuberta e dos faldóns traslúcidos da mesma, para solucionar algún problema de filtracións de auga cara ao interior.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

Así no edificio principal mantense toda a ensinanza secundaria e o bacharelato; no edificio de talleres, dadas as súas características fabriles e a importancia e cantidade de maquinaria coa que se conta, queda situado o ciclo de mecanizado da familia de fabricación mecánica; nun edificio anexo de construción xa posterior aos dous anteriores quedarán definitivamente instalados os ciclos da familia de electricidade e electrónica; mentres que no edificio actualmente en construción situaranse os espazos necesarios para os ciclos da familia de administración e xestión.

O complexo conta ademais cun pavillón polideportivo para as ensinanzas de educación física da secundaria e do bacharelato. A parcela contará por tanto finalmente con cinco edificios diferenciados e especializados.

Todas as obras de rehabilitación integral enerxética e funcional dos centros escolares forman parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016-2020, dotado cun orzamento de 118,5 millóns de euros para este período.


- Te recomendamos -