Inicio Galicia Ovidio Rodeiro vacínase da gripe e fai un chamamento salientando a importancia...

Ovidio Rodeiro vacínase da gripe e fai un chamamento salientando a importancia desta campaña para os grupos de risco

0

O delegado territorial lembrou que as persoas interesadas poden aproveitar e pedir cita previa ata o 28 de próximo mes de decembro

O delegado territorial da Xunta acudiu esta mañá ao Servizo Médico de Vixilancia da Saúde, situado no edificio administrativo da Xunta na Coruña, en Monelos, para vacinarse contra a gripe. Ovidio Rodeiro acudiu acompañado pola xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez, e outros empregados da Delegación Territorial da Coruña.

O representante do goberno autonómico destacou que “cumprida a terceira semana de campaña antigripal atópanse 128.541 vacinados na provincia da Coruña (no mesmo período do 2017 foron 122.595 vacinados); polo que a campaña avanza a bo ritmo cun total por enriba do derradeiro ano.

Ovidio Rodeiro lembrou que “o obxectivo xeral desta iniciativa sempre é minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela”. Ademais, engadiu que “os galegos teñen a súa disposición máis de 300 puntos de vacinación, só teñen que facer unha chamada para solicitar cita previa e aproveitar que non remata a campaña ata o 28 do próximo mes de decembro”.

Recalcou que “a vacina en ningún caso pode producir a enfermidade, xa que a súa composición é de virus inactivados e fragmentados o que imposibilita que ocasione a gripe e que a Consellería de Sanidade proverá das vacinas necesarias para a vacinación da poboación”.

A Consellería de Sanidade adquiriu este ano un total de 608.000 doses, 48.000 máis que a pasada campaña (un 8,5% máis que no ano 2017), e destinou un orzamento que ascendeu a 2.183.220 € (un 11,6% máis que no ano 2017).

A vacinación ofrécese de xeito continuada durante 10 semanas (ata o 28 de decembro) en arredor de 160 puntos de vacinación en toda a Área Sanitaria de A Coruña (77 deles públicos) e haberá vacinas dispoñibles en todos os centros durante todo este tempo.

A campaña de vacinación é de especial importancia se se está incluído en calquera dos seguintes grupos de risco:• Ter 60 ou máis anos• Padecer patoloxías crónicas (asma, obesidade mórbida, cardiopatía, enf celíaca…)• Estar embarazada (en calquera trimestre da xestación)• Coidar e/ou convivir con calquera persoa pertencente a un dos grupos citados, para evitar transmitirlles a enfermidade• Traballadores sanitarios• Traballadores esenciais para a comunidade• Profesionais que traballen en granxas avícolas ou de porcino.

A epidemia da gripe ten temporalidade anual. O pasado ano 2017 provocou na provincia o ingreso de 1.688 persoas, dos que o máis do 90 % tiñan algún factor de risco de padecer unha gripe complicada e, deles, preto do 50%, non se tiñan vacinado. Dos ingresados, o 71,9 % tiñan 65 ou máis anos e o 17,1 % tiñan entre 45 a 64 anos; deles, o 6,1 %, tiveron de ser ingresados na UCI.

No ano 2017, finaron 122 veciños da provincia da Coruña polo proceso gripal ou as súas complicacións (o 90,16 % en persoas de 65 ou máis anos e o 7,38 % en persoas de 45 a 64 anos).

O lema da campaña deste ano é ‘Contaxia a túa enerxía e non a gripe”Datos comparativos das tres primeiras semanas das campañas 2018 e 2017:

Normal

0

21

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

Provincia da Coruña


- Te recomendamos -