Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca en Oza-Cesuras que o obradoiro Activa III formará a...

Ovidio Rodeiro destaca en Oza-Cesuras que o obradoiro Activa III formará a 20 alumnos en conservación de montes e atención sociosanitaria cun apoio da Xunta de máis de 288.000 euros

0

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiu ao inicio do obradoiro de Oza-Cesura


O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González e o alcalde de Coirós, Francisco Quintela, asistiu e ao inicio do obradoiro de emprego que organiza Oza-Cesuras e no que a Xunta de Galicia investirá 288.000 euros para formar a 20 alumnos. Concretamente, é promotor do curso “Activa III Oza-Cesuras e Coirós”, que comparte co concello Coirós. O proxecto contempla unha formación conforme aos certificados de profesionalidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e de atención sociosanitaria a persoas dependentes e institucións sociais. O persoal encargado deste obradoiro son un director, 2 docentes, un mestre-titor e un administrativo. No acto o representante do goberno autonómico estivo acompañado polos alcaldes de Oza-Cesuras e Coirós.

Na área de atención sociosanitaria os alumnos aprenderán as funcións dun coidador de discapacitados físicos, psíquicos e sensoriais, dun coidador a persoas dependentes e institucións e as funcións dun xericultor con prácticas na Residencia García Hermanos de Betanzos.

Leer más:  Un trabajador del servicio de emergencias de Sanxenxo (Pontevedra) fallece tras sufrir una descarga eléctrica en su domicilio

Na área de actividades de conservación e mellora de montes as actuacións se realizarán no Parque do Sanatorio no Paraxón en Oza-Cesuras.

Ovidio Rodeiro destacou “a importancia destes cursos porque se centran nas áreas nas que hai máis demanda laboral na comarca e permiten obter un certificado oficial para desempeñar postos de traballo con boas saídas laborais. Arredor do 60% dos alumnos atopan traballan algúns incluso antes de rematar o curso”. Ademais, engadiu, “as empresas locais xa coñecen o éxito e a boa calidade da formación que se imparte polo que ven estes cursos moi atractivos para atopar xente ben formada nas áreas que lles interesan”.

Os municipios da área da Coruña contan este ano cun total de 11 obradoiros de emprego, 9 deles de carácter dual, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e un de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego na comarca 3,1 millón de euros.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

O resto de obradoiros duais teñen lugar en Cambre; A Coruña; Miño, compartido con Paderne e Pontedeume; Irixoa, compartido con Aranga, Monfero e Vilarmaior; Oleiros; Betanzos, compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; Oza-Cesuras, compartido con Coirós;; Culleredo e Sobrado compartido con Curtis, Vilasantar. Pola súa banda, o obradoiro do Sistema de Garantía Xuvenil, realizase en Betanzos, compartido con Coirós, Abegondo e Paderne.

Estes obradoiros permiten que un total de 216 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais é de 9 meses e os de Garantía Xuvenil de 6 mesesA principal novidade é que os participantes nos obradoiros duais ofrecen a posibilidade de combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

A nivel provincial, os 38 obradoiros de emprego que se organizan na Coruña permiten a formación de 682 alumnos-traballadores, grazas a un investimento de máis de 9,3 millóns de euros Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.


- Te recomendamos -