Inicio Galicia Ovidio Rodeiro anuncia unha inversión de 398.000 euros para humanizar a rúa...

Ovidio Rodeiro anuncia unha inversión de 398.000 euros para humanizar a rúa Alfonso Senra en Ordes

0

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde Ordes, José Luis Martínez, visitaron a zona na que se van a realizar as obras


O delegado territorial de Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez, visitaron esta mañá a rúa Alfonso Senra que foi humanizada dende o cruce da rúa Compostela ata o cruce da Ría Casabella, cun investimento de 398.000 euros dos cales a Consellería de Medio Ambiente e Vivenda aportou 318.000 euros e o resto o concello.

Trátase dunha actuación que se inscribe dentro do Plan Hurbe. As obras consistirán na construción de beirarrúas nun treito da rúa Alfonso Senra. Previamente realizarase a demolición do pavimento existente que se atopa nun estado deficiente. Antes da construción das beirarrúas contémplase a canalización de servizos de saneamento, augas pluviais, abastecemento de auga potable, rede de baixa tensión, comunicacións, telefonía e lluminación pública.

A rúa Alfonso Senra é a principal rúa do concello de Ordes. Trátase dunha rúa moi transitada non só polos veciños do concello senón tamén polos visitantes, xa que se sitúa á marxe dunha estrada nacional (N-550 Coruña-Tui).

O delegado da Xunta recordou que “a Xunta promove e colabora neste tipo de actuacións co obxectivo de rehabilitar, recuperar e conservar os equipamentos urbanos municipais, co fin de mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns e do público en xeral”.

Salientou que “un dos principais obxectivos do Plan HURBE é contar cun programa de actuación que a Xunta impulsou en 2010 para dar resposta á necesidade de humanización das vilas de Galicia”. Tendo en conta o modelo social de integración cidadá, busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos para as necesidades vixentesNo período 2010-2018 destináronse preto de 40 millóns do Plan HURBE en toda a provincia para financiar un total de 35 actuacións nunha trintena de concellos; que no conxunto da Comunidade galega elévase a 124 millóns de euros en 164 actuacións.

Entre outros beneficios, o HURBE favorece a sostibilidade futura compatibilizando o desenvolvemento económico e a agrupación en torno aos núcleos de poboación con criterios de ordenación territorial e habitabilidade, recupera espazos públicos que foron perdendo o seu carácter de áreas de interacción social por un inadecuado desenvolvemento urbanístico, e potencia a conservación dos equipamentos urbanos patrimonio histórico das nosas vilas. 


- Te recomendamos -