Inicio Galicia Os nenos da escola infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra...

Os nenos da escola infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra coñecen a labor dos bombeiros dentro da “quincena das profesións”

0

Os bombeiros explicaron aos pequenos o seu traballo e ensináronlle un camión de emerxencias e o seu material antiincendios

A Escola Infantil da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra comezou hoxe a desenvolver, durante quince días, unha nova actividade destinada a que os máis cativos poidan coñecer diferentes profesións.

Deste xeito, durante estes días as familias están a participar contando aos nenos e nenas a súa labor diaria en profesións coma profesor de ximnasia, fotógrafo, matrona ou veterinario.

Na mañá de hoxe, os 15 nenos de 3º de Infantil desta escola puideron coñecer a labor dos bombeiros de Pontevedra que achegaron ata as instalacións da Delegación Territorial de Pontevedra un camión de emerxencias e diverso material antiincendios.

Os máis pequenos familiarizáronse así co uniforme de bombeiro, a roupa especial contra o lume, as mangueiras e os cascos destes profesionais. Posteriormente subíronse aos vehículos e finalizaron a actividade gozando dun baño de espuma.

O próximo venres, día 11, tamén se achegarán ata as instalacións da Comisaría da Policía Autonómica situada na propia Delegación Territorial para coñecer os vehículos cos que traballan os axentes, así como o material que soen utilizar.

Dende a Escola Infantil agradécese a colaboración dos pais e nais dos nenos, xa que está a permitir que os máis pequenos coñezan diferentes tipos de traballos e profesións e poidan comprender un pouco mellor o día a día dos seus proxenitores.


- Te recomendamos -