Inicio Galicia Os exames para 241 prazas da categoría de medicina de familia realizaranse...

Os exames para 241 prazas da categoría de medicina de familia realizaranse os días 24 e 25 de novembro

0

O Sergas fará públicas mañá as listas de admitidos e excluídos, así como a composición dos tribunais


O Sergas publica mañá as listas definitivas para as 241 prazas correspondentes á categoría de medicina de familia e de 7 de enxeñeiro técnico. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos coas listas das persoas aspirantes admitidas e excluídas así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nestas categorías. Todos os datos poderán consultarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde. Ademais, cada aspirante poderá acceder ao seu expediente profesional electrónico, en Fides/expedient-e/sección de procesos, e consultar o estado da súa solicitude.

No proceso resultaron admitidos un total de 2.556 aspirantes, dos que terán que realizar o exame de lingua galega, ao non ter acreditado o seu coñecemento mediante a presentación do correspondente certificado Celga, un total de 313. Por categorías, ofértanse un total de 286 prazas, das cales 241 corresponden á categoría de médico de familia de atención primaria, 11 a técnico superior en documentación sanitaria, 9 a grupo técnico da función administrativa, 18 a grupo de xestión da función administrativa e 7 a enxeñeiro técnico.

Está previsto que os exercicios da fase de oposición para o acceso a estas categorías, se desenvolvan durante a fin de semana do 24 e 25 de novembro próximos.

Compromiso coa estabilidadeNos últimos anos, o Sergas ven adoptando medidas que reflicten a aposta do Goberno galego pola sanidade pública e a estabilidade dos seus profesionais. Así, o Sergas conta con 1.544 profesionais máis que hai nove anos, así, pasouse de 36.506 en 2008 a 38.050 en 2017.

Entre as medidas adoptadas destaca a convocatoria de ofertas públicas de emprego anuais entre 2009 e 2017 ata sumar un total de 6.133 prazas; e tamén a prórroga na idade de xubilación ata os 68 anos.

O Sergas ten así mesmo, un compromiso coa estabilidade e mellora aos profesionais, a través do desenvolvemento da carreira profesional e do plan de estabilidade.

Galicia é unha das primeiras comunidades autónomas do estado en regular o desenvolvemento carreira profesional para todas as categorías. Isto beneficia a máis de 22.000 profesionais, que poderán ver recoñecido un grao máis de carreira neste ano, que será abonado nun 60% en xaneiro de 2019.

O Plan de Estabilidade, asinado en abril do 2017, permitiu dar estabilidade a máis de 800 profesionais. Esta medida, complementada xunto coas OPEs anuais antes mencionadas, está a permitir acadar o obxectivo de reducir a un 5% a porcentaxe de persoal eventual, tres puntos por debaixo do 8% anunciado polo Ministerio de Facenda e Función Pública para reducir a temporalidade dos empregados públicos. 


- Te recomendamos -