Inicio Galicia Os ?Desafíos do Mar 2030? centran o Business2Sea 2018, que se celebra...

Os ?Desafíos do Mar 2030? centran o Business2Sea 2018, que se celebra desde mañá en Porto organizado por Cetmar e Fórum Océano

0

Preto de 700 inscritos participarán nas diferentes actividades programadas durante tres días no Centro de Congresos de Alfândega e nas que intervirán representantes de diferentes institucións e entidades galegas

O Bussines2Sea reunirá en Porto desde mañá mércores e ata o venres a organizacións, profesionais, investigadores ou estudantes vinculados ao mundo do mar que se darán cita neste evento internacional para participar nas diferentes actividades previstas, como conferencias, talleres temáticos, reunións de proxecto, encontros de negocio e na parte expositiva.

O Centro Tecnolóxico do Mar participa este ano na organización da edición 2018 no marco dun acordo de colaboración con Fórum Océano, entidade portuguesa responsable desta iniciativa.

Ademais de afianzar as relacións entre ambas institucións, o devandito acordo serviu para estender a Galicia o impacto dun evento que nesta edición contará coa presenza de institucións, empresas e entidades galegas, que poderán aproveitar a visibilidade dunha cita moi consolidada en Portugal.“Desafíos do Mar 2030” é o eixo temático deste Forum do Mar que terá como escenario o Centro de Congresos de Alfândega, onde se debaterá sobre a dixitalización da economía do mar, a sustentabilidade e o coñecemento dos océanos, a cooperación, o emprego e as competencias profesionais, ou a programación futura dos fondos comunitarios.

O programa previsto inclúe un conxunto de seminarios e talleres temáticos cunha destacada participación de representantes da Fundación CETMAR e nos que se debaterá sobre a cooperación luso-galaica no Espazo Atlántico, as tecnoloxías mariñas, o sector naval e das enerxías mariñas ou a cultura oceánica, entre outros.

Tamén está prevista unha conferencia principal sobre os Desafíos do Mar 2030 para conmemorar o Día Nacional do Mar, que se celebra en Portugal o 16 de novembro, así como un programa de encontros internacionais de negocios, sesións curtas de presentación de proxectos nesta área, exposicións e unha serie de degustacións de produtos do mar. 


- Te recomendamos -