Inicio Galicia Os concellos adheridos á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística elévanse a...

Os concellos adheridos á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística elévanse a 73 con cinco novas incorporacións

0

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e os rexedores municipais de Lobios, Xunqueira de Espadañedo, Mondariz- Balneario, Brión e Foz asinaron hoxe o acordo polo que estes municipios delegan as súas competencias en disciplina urbanística no organismo autonómico


Os concellos de Lobios, Xunqueira de Espadañedo, Mondariz- Balneario, Brión e Foz adheríronse á Axencia Pública de Legalidade Urbanística (APLU), polo que o número de municipios que delegan as súas competencias a este organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio elévanse a 73.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e os rexedores municipais asinaron esta mañá senllos convenios de colaboración polo cal se adhiren voluntariamente á APLU, un ente que ten entre as súas competencias axudar aos municipios a velar pola protección do territorio e o respecto á legalidade vixente, e en virtude do cal encoméndaselle á axencia as competencias municipais en materia de disciplina urbanística.

Mato Otero recordou que mediante este convenio o organismo autonómico asumirá os traballos de inspección, supervisión e restablecemento da legalidade urbanística establecidas nos artigos 152 e seguintes da Lei do Solo de Galicia, en relación coas obras e usos do solo que se executen no ámbito dos respectivos concellos sen licenza urbanística ou sen axustarse ás súas condicións.

Argumentou que a evolución das adhesións, con 56 concellos desde o ano 2009, son unha mostra do papel da Axencia como instrumento eficaz para o control da disciplina urbanística, para os concellos con poucos medios e para aqueles que contan con persoal, pero que necesitan reforzar o control.

Recordou que estas adhesións son froito do traballo de divulgación e información da Axencia para trasladar aos concellos galegos as vantaxes de formar parte da APLU, xa que asiste aos concellos adheridos desde o punto de vista técnico e xurídico e ofrece formación e axuda para a concienciación cidadá, co fin de que os operadores xurídicos e técnicos, así como a cidadanía en xeral se formen en valores proteccionistas do patrimonio natural. Igualmente, a adhesión inclúe a tramitación de expedientes de reposición da legalidade urbanística e sancionadores, e a protección da servidume de protección do dominio público marítimo terrestre.

Tamén destacou que unha das vantaxes á que se acollen estes cinco concellos é o novo sistema de transferencia por recadación de multas, xa que os municipios recibirán o 10% del importe da recadación de multas e sancións impostas no término municipal, tanto en competencia propia da APLU (solo rústico) como en competencia delegada (solo de núcleo rural ou urbanizable). Recordou que antes era o 50% do recadado en competencia delegada, é dicir, en solo rural ou urbanizable.

Cómpre lembrar que a adhesión á APLU será efectiva logo da publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio que esta mañá referendaron. 


- Te recomendamos -