Inicio Galicia Os 25 emprendedores do coworking de Ferrolterra impulsan 21 proxectos vinculados ao...

Os 25 emprendedores do coworking de Ferrolterra impulsan 21 proxectos vinculados ao sector TIC, a moda, a industria da saúde e a alimentación

0

O Centro de Innovación e Servizos de Galicia acolleu hoxe a presentación das iniciativas desenvoltas na última convocatoria da aceleradora, na que colaboran o Igape a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Escola de Organización Industrial (EOI)


As instalacións do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (CIS) en Ferrol acolleu hoxe a presentación dos proxectos acelerados na terceira edición do coworking impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI), na que se achegou formación e asesoramento para o desenvolvemento dun total de 21 iniciativas.

Os 25 emprendedores que desenvolveron os proxectos empresariais neste espazo coworking, no que recibiron asesoramento á medida sobre a posta en marcha das súas iniciativas, optaron por diferentes ámbitos de actividade, como os servizos técnicos apoiados nas TIC, os relacionados coa valorización de recursos do territorio, como o turismo ou os produtos agroalimentarios, a industria da saúde, o sector da moda e o asesoramento xurídico e empresarial, entre outros.

O delegado territorial da Xunta destacou que “nas tres convocatorias da aceleradora de Ferrolterra participaron un total de 66 emprendedores con 62 proxectos. Na actual edición, case a metade dos participantes xa iniciou a súa actividade como empresa, e o resto comezarana no último trimestre deste ano ou están en fase de validación das iniciativas”. Neste sentido, engadiu que o obxectivo destes espazos de emprendemento é “axudar a madurar e a pulir as ideas de negocio e procuramos darlles as claves para saír ao mercado con recursos e motivación”.

Leer más:  La niebla dificulta el tráfico en la A-8 entre Arroxo y O Someiro, en Lugo

Esta aceleradora, na que nas dúas edicións anteriores se apoiaron 41 iniciativas emprendedoras, forma parte da rede de espazos creada pola Conselleira de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). Cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), a rede ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio.

Nestes días finalizaron tamén as accións de formación e asesoramento das últimas edicións dos espazos coworking de Celanova-Terras da Limia, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Mariña lucense e Ferrolterra, nas que, en conxunto, se apoiaron 130 novos proxectos de emprendemento. Desde o comezo da súa actividade e ata finais de 2018, estas iniciativas terán impulsado un total de 440 proxectos de 540 emprendedores.

Os novos empresarios poderán seguir contando cos servizos e os instrumentos de apoio que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar a posta en marcha e a consolidación temperá das novas empresas. Deste xeito, poderán continuar accedendo ao asesoramento especializado ou titoría que precisen, así como a préstamos directos como os activados no novo programa de instrumentos financeiros innovadores (IFIs) para financiar os seus investimentos.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

- Te recomendamos -