Inicio Galicia Os 20 alumnos do obradoiro de emprego de Padrón, Rois e Dodro...

Os 20 alumnos do obradoiro de emprego de Padrón, Rois e Dodro formáronse nos sectores de mampostería e auxiliar de axuda a domicilio

0

Na comarca de Santiago celebráronse 7 obradoiros nos que a Xunta investiu 1,7 millóns para 130 persoas desempregadas


Un total de 20 alumnos e alumnas formáronse nos últimos seis meses nos sectores de mampostería (operacións auxiliares de acadados ríxidos e urbanización) e en auxiliares de axuda a domicilio, grazas a un obradoiro de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 284.000 euros.

Ovidio Rodeiro foi o encargado de clausurar este taller de emprego “Terras de Iria IV”, promovido polos concellos de Dodro, Rois e Padrón. Ao acto acudiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e os respectivos alcaldes, Antonio Fernández, Ramón Tojo e Carlos Martínez.

Os alumnos comezaron a formación o 28 do mes de setembro e concluíron o 27 de xuño, tras nove meses de formación teórica e práctica.

Na parte práctica, en Rois, os dez alumnos da especialidade de mampostería traballaron na mellora da accesibilidade do local veciñal de Aguasantas e, en Padrón, na renovación do pavimento da rúa A Barca. As prácticas de formación sociosanitaria realizáronse nunha empresa do sector, así como coas traballadoras sociais dos concellos. Neste caso centrouse no coidado e rehabilitación de persoas en situación de dependencia.

Ovidio Rodeiro comezou por felicitar aos participantes: “porque tivestes a oportunidade de traballar nove meses meses para mellorar as vosas capacidades profesionais, a vosa empregabilidade, en definitiva, o voso futuro”. Tamén tivo unha mención especial para o tres alcaldes “que por cuarto ano conseguides levar a cabo este proxecto, unha formación de calidade para o emprego que non sería posible sen a colaboración entre as administracións públicas. Todos temos moi claro que ninguén coñece mellor que os concellos as demandas e necesidades dos cidadáns e cidadás”.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

ObradoirosA provincia da Coruña conta no curso 2017-2018 cun total de 24 obradoiros de emprego, 16 deles de carácter xeral, onde participan alumnos e alumnas de calquera idade e oito de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas invístense en políticas activas de emprego máis de 5,4 millóns de euros na provincia e participan un total de 440 persoas desempregadas.

Os obradoiros xerais, cada un con 20 prazas, teñen lugar en Oza-Cesuras compartido con Coirós; Ribeira compartido con Porto do Son; Abegondo compartido con Bergondo, Betanzos, Carral, Coirós, Oza-Cesuras e Paderne; Ferrol; A Laracha compartido con Arteixo; Monfero compartido con Aranga, Irixoa e Vilarmaior; Boqueixón compartido con Vedra; Santa Comba compartido con Mazaricos e Dumbría; Betanzos compartido con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne; Padrón compartido con Rois e Dodro; As Pontes; Mugardos compartido con Ares, Fene, Cabanas e Neda; Cambre compartido con Sada; Miño compartido con Paderne e Pontedeume; Touro compartido con O Pino; e Ordes compartido con Frades.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, que contan cada un con 15 alumnos-traballadores, realízanse en Carballo; Fene compartido con Ares, Neda, Mugardos e Cabanas; Santiago; Muros compartido con Carnota; Oleiros; A Coruña; e Boiro, ademais do xa mencionado de Ames compartido con Brión.

Obradoiros SantiagoNa comarca de Santiago a Xunta de Galicia contou con sete obradoiros de emprego para persoas desempregadas. (Padrón-Rois-Dodro, Boqueixón-Vedra, Santa Comba-Mazaricos-Dumbría, Ordes-Frades, Touro-O Pino). Ademais, promovéronse dous obradoiros a través do Sistema de Garantía Xuvenil (Ames-Brión e Santiago), con 30 alumnos e cunha inversión de 140.000 euros en cada un. Nestes talleres investíronse 1,7 millóns de euros e deron cobertura a un total de 130 alumnos.

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

Leer más:  Rueda insiste en que será "muy reivindicativo" con la financiación: "No renuncio a lo que nos pertenece"

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou o “compromiso claro da Xunta para traballar na creación de postos de traballo de calidade, estables e coa mirada posta no futuro”. Rodeiro fixo fincapé no “obxectivo claro de dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reincorporarse ao mercado laboral. Non podemos esquecer ademais”, engadiu, “que grazas a estes obradoiros centos de persoas obterán un posto de traballo, uns formándose e outros formando”, en relación aos directores, ao persoal docente e administrativo. O delegado tamén quixo valorar que os participantes recibiron un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Ovidio Rodeiro admitiu que este tipo de actos “supoñen unha especial satisfacción para a Xunta, sempre comprometida na busca de oportunidades para a xuventude”. “Tendes agora a oportunidade de demostrar que soubestes aproveitar esta oportunidade”, sinalou, antes de pedirlles aos 20 alumnos que non se desanimen “na profesión de buscar un emprego”. Rematou agradecendo ao persoal docente “o esforzo por trata de transmitir, xa non so os coñecementos, como o espírito de loita e emprendemento que vai a levar a estes rapaces a encarrilar o seu futuro profesional”.


- Te recomendamos -