Inicio Galicia Os 11 obradoiros de emprego da área de Compostela formarán a 190...

Os 11 obradoiros de emprego da área de Compostela formarán a 190 alumnos-traballadores cunha achega da Xunta de 2,6 millóns de euros

0

Oito obradoiros terán un carácter dual, incluíndo prácticas de como mínimo 3 meses nunha empresa da zona, mentres que outros tres están reservados para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil


Val do Dubra (Santiago de Compostela), 10 de setembro de 2018.- Os municipios da área de Santiago contarán en 2018 cun total de 11 obradoiros de emprego, 8 deles de carácter dual, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego 2.624.610 euros. Os 8 obradoiros duais, cada un con 20 prazas salvo o de Teo, que ten 8, terán lugar en Padrón, compartido con Rois e Dodro; en Negreira, compartido con Santa Comba, A Baña e Val do Dubra; no Pino, compartido con Arzúa; en Ordes, compartido con Frades e Mesía; en Melide, compartido con Boimorto; en Teo en Santiago de Compostela, compartido con Ames e en Santa Comba, compartido con Dumbría e Mazaricos.


- Te recomendamos -