Inicio Galicia O Sergas realizou no primeiro semestre de 2018 un total de 110.374...

O Sergas realizou no primeiro semestre de 2018 un total de 110.374 intervencións cirúrxicas, das que o 54% foron ambulatorias

0

O balance da actividade do Servizo Galego de Saúde entre xaneiro e xuño de 2018 reflicte un aumento global de toda a actividade


O balance da actividade do Servizo Galego de Saúde neste primeiro semestre de 2018 reflicte un aumento global de toda a actividade. En total realizáronse 110.374 intervencións cirúrxicas en quirófanos ou en salas especiais, 534 intervencións cirúrxicas máis que no mesmo período do ano anterior. Isto é un 0,49% de incremento de actividade con respecto de 2017.

Da totalidade de intervencións, 93.413 foron programadas e 16.961 urxentes. Ademais, o 54% do total foron ambulatorias polo que non precisaron estancia hospitalaria no paciente.

Aumento en ingresos, consultas e probasO Servizo Galego de Saúde realizou no primeiro semestre de 2018 un total 127.349 ingresos, o que supón 3.107 máis que no ano anterior (un incremento do 2,5%). Do total de ingresos, 32.721 foron programados e 94.628 non programados.

Tamén segue a incrementarse a actividade nos hospitais de día coa realización de 153.804 sesións entre xaneiro e xuño de 2018, 9.938 sesións máis respecto ao primeiro semestre do ano anterior. A hospitalización a domicilio rexistrou 3.233 ingresos (56 máis que en 2017).

Con respecto do número de consultas, entre xaneiro e xuño de 2018 realizáronse 16.204.670, das que 13,4 foron en Atención Primaria e 2.799.268 foron nos hospitais (25.374 consultas máis nos hospitais se as comparamos co mesmo período do ano anterior). Cómpre destacar así mesmo que durante este semestre realizáronse 64.959 consultas non presenciais, 10.066 máis que no mesmo período do ano anterior (18,34% máis).

Tamén se realizaron un total de 1.650.135 probas diagnósticas, isto supón a realización de 13.096 probas/día tendo en conta 126 días laborables. Isto son practicamente 1.000 pruebas ao día máis que no primeiro semestre de 2017.Área de urxenciasO Sergas atendeu entre xaneiro e xuño de 2018 un total de 1.276.987 urxencias, 19.300 urxencias mais que no 2017. Isto supón a atención de máis de 7.000 urxencias ao día. O 60,12% das urxencias resólvense en atención primaria e o 39,88% nos hospitais, así de cada 10 urxencias, 6 se atendan no sitios máis próximos ao paciente (os dispositivos de atención primaria).

Os centros hospitalarios do Sergas atenderon neste período 8.142 urxencias máis que no primeiro semestre de 2017; en total 509.253 urxencias nos hospitais.

Ademais, nas urxencias de atención primaria (Puntos de Atención Continuada) neste período, atendéronse 767.734 urxencias (11.158 máis que no ano anterior). Cómpre destacar que este dispositivo continúa cun alto índice de resolución sen necesidade de derivación a urxencias de hospital, situándose no 90,37%.

Por outra banda, o 061 rexistrou 554.573 chamadas (977 chamadas mais que no mesmo período de 2017). Tamén se incrementaron os procesos asistenciais en 4.448, coa realización dun total de 222.566.

Aproximadamente o 36% dos procesos atendidos polo 061 resolvéronse sen necesidade de mobilización de recursos e un 64% sí precisaron de mobilización de recursos.


- Te recomendamos -