Inicio Galicia O Sergas realiza máis de 4.190 cirurxías no marco do decreto de...

O Sergas realiza máis de 4.190 cirurxías no marco do decreto de tempos máximos de espera

0

O conselleiro de Sanidade destaca que con este decreto pasouse dunha xestión global de tempos de espera por prioridades a un compromiso individual por patoloxía

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que dende a entrada en vigor do decreto de tempos máximos o pasado 10 de xaneiro e ata o 22 de maio de 2018 rexistráronse 4.198 cirurxías. Tamén destacou Almuiña que toda esta actividade realizouse con medios propios do Servizo Galego de Saúde.

O Sergas beneficia aos pacientes das garantías establecidas na norma que fixa en 60 días a atención sanitaria hospitalaria programada e non urxente para intervencións cirúrxicas.

Almuiña afirmou que “a valoración é moi positiva e demostra que temos un sistema sanitario que dá resposta ao que os nosos pacientes necesitan e que avanza no recoñecemento dos seus dereitos”. Neste senso, salientou que con este decreto a Consellería de Sanidade adquire un novo compromiso cos pacientes “xa que se pasa dunha xestión global de tempos de espera por prioridades para todas as doenzas, a un compromiso individual por patoloxía”.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Ao respecto dos procedementos incluídos no decreto de tempos máximos, destacou que a selección realízase tendo en conta a gravidade das patoloxías, a efectividades e a oportunidade de atención sanitaria, e os protocolos de priorización contrastados coas sociedades científicas. Tamén aseverou que o catálogo de doenzas que cobre a normativa iráse ampliando de xeito progresivo.

Máis dereitos do cidadánCo decreto de tempos máximos, o Goberno galego culminou o compromiso de desenvolver normativamente a Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias que supuxo un importante avance no recoñecemento de dereitos aos cidadáns. Así, ao abeiro desta lei estaba xa regulado o decreto que estableceu por primeira vez un sistema no que o paciente ten a facultade de elixir, no exercicio da súa autonomía de decisión, os profesionais sanitarios que atenderán a súa saúde. Tamén o decreto que regula o dereito da segunda opinión médica no sistema público e o texto normativo polo que se establece a organización e funcionamento do Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamentos da saúde.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

Dende 2015, os usuarios do Servizo Galego de Saúde teñen a posibilidade de elixir libremente o seu profesional de medicina de familia, pediatría ou profesional de enfermería ou matrona, así como de hospital ou complexo hospitalario. Desde a entrada en vigor da norma ata decembro de 2017, rexistráronse un total de 282.636 solicitudesCon respecto da segunda opinión médica, que garante aos pacientes o dereito a recibir unha segunda opinión en relación cun primeiro diagnóstico ou proposta terapéutica emitido por un profesional médico do sistema público de saúde, estimáronse 1.071 solicitudes (dende a entrada en vigor da norma en maio de 2015 ata decembro de 2017).

Así mesmo, a Lei de garantías establece o dereito á manifestación das instrucións previas dos pacientes, que serán tidas en conta polo persoal sanitario no marco do establecido na legalidade vixente. Un total de 7.739 persoas exerceron este dereito dende a entrada en vigor da norma en xaneiro de 2015 ata decembro de 2017.  

Leer más:  Un camionero fallece al ser embestido por un vehículo después de descender del camión por un pinchazo en una rueda en la A-52 en Toén (Ourense)

- Te recomendamos -