Inicio Galicia O seguimento da folga nos centros sanitarios é do 3,5% e estanse...

O seguimento da folga nos centros sanitarios é do 3,5% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

0

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola organización sindical OMEGA para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo por un 3,5% do total dos convocados.

Por Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, o seguimento foi do 6,5% na da Coruña, do 3,1% na de Ferrol, do 1,6% na de Santiago, do 2,5% na de Pontevedra, do 5,7% na de Vigo, do 1,3% na de Lugo, e do 1,6% na de Ourense. Nas entidades adscritas (axencias, fundacións e empresa pública) o seguimento foi do 9,2%.

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada foi do 100%. 


- Te recomendamos -