O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitou na mañá de hoxe domingo as clases maxistrais de grafiteiros das Meninas de Canido 2018. O departamento dirixido por Anxo Lorenzo colabora con esta iniciativa, que está a congregar a milleiros de persoas en torno ás actividades ofrecidas no barrio ferrolá, como as clases impartidas polos grafiteiros Toni Espinar, Tmx.artist ou Elrojo. Máis de 200 artistas de distintas disciplinas pasaron por estas rúas desde que deu comezo esta nova edición das Meninas de Canido 2018, o pasado venres.
Música, baile, rutas guiadas, gastronomía, poesía e charlas completan unha ampla oferta cultural que anima a vida do barrio ata ben entrada a noite de hoxe, para acompañar o labor dos pintores que, en formatos diversos e coas meninas como inspiración común, lles van dando cor ás paredes de Canido, xa un referente internacional de arte urbana. A implicación da veciñanza e a participación cada ano máis numerosa dos artistas plásticos que reinterpretan as famosas figuras da obra de Velázquez foron básicas para consolidar unha actividade de referencia na axendo do verán cultural en Galicia.
- Te recomendamos -