Inicio Galicia O secretario xeral de Cultura destaca a visibilidade internacional do libro galego

O secretario xeral de Cultura destaca a visibilidade internacional do libro galego

0


O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou hoxe a visibilidade internacional do sector editorial galego e o seu recoñecemento nos mercados do exterior, tanto europeos como americanos. Fíxoo durante a inauguración da xornada A internacionalización do libro galego, organizada polo Consello de Cultura Galega e dirixida ás empresas editoras, co fin de dar claves e facilitar os contactos para favorecer a proxección exterior da industria editorial. Anxo Lorenzo estivo acompañado pola presidenta da entidade organizadora, Rosario Álvarez Blanco, e polo presidente da Asociación Galega de Editoras (AGE), Xosé Ballesteros, entidade que colabora coa iniciativa.

A Secretaría Xeral de Cultura mantén un diálogo permanente coa AGE para valorar e favorecer novas vías de colaboración e oportunidades comerciais para o sector editorial galego. Con este mesmo obxectivo, a Consellería de Cultura e Educación apoia a presenza de Galicia nas principais feiras internacionais do libro que terán lugar proximamente. Trátase de Liber Barcelona, do 3 ao 5 de outubro, da Feira do Libro de Frankfurt, do 14 ao 18 de outubro, e da Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México), que terá lugar do 24 de novembro ao 2 de decembro. O investimento de máis de 100.000 euros realizado pola Secretaría Xeral de Cultura permite que editores e creadores galegos teñan espazo propio e servizos nestas citas culturais de referencia mundial. 


- Te recomendamos -