Jesús Vázquez, participaron na clausura desta iniciativa de emprego que supuxo un investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 280.000 euros
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, durante 9 meses desenvolveu no Concello de Ourense o obradoiro de emprego Ribeiras do Barbaña que ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio ourensán. A súa actividade centrouse en mellorar as ribeiras dos ríos Barbaña e Barbañica entre a rúa Presa e o límite do concello de Barbadás. A lonxitude da actuación é de 3,3 quilómetros en cada marxe, o que supuxo o acondicionamento dun total de 6,6 quilómetros.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participaron hoxe no acto de clausura e entrega de diplomas. Díaz Mouteira subliñou o esforzo da Administración autonómica para mellorar a empregabilidade no Concello da cidade a través de distintos programas e cursos.
Esta iniciativa formou aos alumnos e alumnas nas especialidades de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería; operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización; e, por último, traballos de carpintería e moble. Ao longo dos meses que durou o obradoiro o alumnado desenvolveu traballos de acondicionamento do paseo e zonas verdes das ribeiras dos ríos Barbaña e Barbañica.
Nova convocatoriaO pasado luns rematou o prazo de solicitudes para a nova convocatoria de axudas dos obradoiros duais de emprego e dos específicos para menores de 30 anos, dous programas que se porán en marcha no mes de setembro e cos que a Xunta prevé incrementar as oportunidades laborais de máis de 2.350 persoas desempregadas en Galicia.
Optaron a estas axudas, ao igual que outros anos, as administracións locais (con prioridade os Concellos Emprendedores), asociacións de entidades locais e mancomunidades e, no caso dos duais, tamén, como novidade este ano, as entidades sen ánimo de lucro do ámbito forestal constituídas e rexistradas como asociacións.
Os obradoiros duais combinarán un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e a contratación en prácticas de, como mínimo, tres meses máis nunha empresa emprazada no ámbito territorial onde teña lugar o obradoiro, e sempre que o traballo estea vinculado coas materias que se impartan no programa. Darase prioridade aos obradoiros forestais e aos vinculados ao Camiño de Santiago.
Pola súa banda, os obradoiros de emprego dirixidos especificamente á mocidade tamén ampliarán a duración de seis a nove meses.
- Te recomendamos -