Inicio Galicia O Goberno galego colaborará coa asociación Acolle no programa solidario de Nadal...

O Goberno galego colaborará coa asociación Acolle no programa solidario de Nadal ?Na mesa un máis?

0

Fabiola García ratifica o interese por incrementar o número de prazas con apoio público nos centros desta entidade, que na actualidade ascende a 192


A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe, logo de manter unha reunión con representantes da asociación Acolle, que a Xunta colaborará con esta entidade na organización do programa solidario de Nadal Na mesa un máis, cuxo obxectivo é ofrecerlle ás persoas da contorna sen recursos un xantar nos centros de Acolle.

Por outra banda, a conselleira ratificou o interese por incrementar o número de prazas que financia a Xunta nos centros desta asociación. Na actualidade xa hai 192, máis do dobre que hai nove anos e nas que se invisten máis de 2,4 millóns de euros ao ano.

Así mesmo, a titular de Política Social lembrou que a oferta residencial sostida con fondos públicos a día de hoxe é un 41% máis que en 2009, un feito que reflexa o compromiso do Goberno galego cos nosos maiores. Aínda así, recalcou que a Administración autonómica continuará con esta liña de traballo, pois os presupostos de 2019 xa recollen que se vai a destinar a atención á dependencia 383 millóns de euros, máis do triplo que hai nove anos.

Fabiola García subliñou que a Xunta ten como eixo prioritario de actuación o coidado das persoas de máis idade, co obxectivo fundamental de que as galegas e os galegos dispoñan das mesmas oportunidades para decidir libremente como desexan facerse maiores. Por iso, considera que medidas como esta ratifican este cometido.

Mellora das prestaciónsActualmente, Acolle conta con 12 residencias e centros asociados, repartidos por toda a xeografía galega, nos que atende a 823 residentes. Esta entidade con sede en Tui agrupa residencias de maiores pertencentes a fundacións, asociacións e concellos, entre outros. Ademais de prestar servicios sociais sen ánimo de lucro, procura a modernización dos centros asociados e a mellora das prestacións e atención de cara ás persoas maiores en aras dunha mellor calidade de vida.


- Te recomendamos -